divendres, 29 d’octubre del 2010

Polbo á feira

Pista: sabes o nome completo desta comida?

Polbo á feira
O polbo á feira é un prato típico de Galiza e básico na súa gastronomía consistente en polbo fervido enteiro e servido con sal, aceite de oliva e pementón. O seu nome provén de que era unha comida tradicional nas feiras e romarías, nas que se serve en pratos de madeira (máis doados de transportar), aínda que agora van desaparecer por motivos de hixiene.
Era un prato moi común nunha época en que os transportes eran moi lentos e o peixe fresco só estaba dispoñíbel preto da costa, porén o polbo seco (como o bacallau ou o congro) chegaba a todas partes.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada