Textos

Presentamos a historia que escribiu Paula Barranco:

I
Abro os ollos, teño medo. Quero volver durmir, pero a angustia impídemo. A miña muller, Vicky, non volveu esta noite. Non sei onde está, perdina e sen ela o tempo pasa lento, demasiado para o meu gusto.
O meu teléfono descansa sobre o antepeito da fiestra e cada vez que soa espántome. Espero que non lle pasara nada.
Soa unha vez máis o teléfono, póñome moi nervioso, pensando que pode ser ela. Cólloo e o meu corazón desfase. É o meu médico, chama dende o hospital, di que Vicky está en estado crítico, que a ingresaron cando a atoparon afogándose no río.
As bágoas invaden os meus ollos, teño un nodo na gorxa que non me deixa respirar e a angustia oprímeme no peito.
Collo o coche, chove e o día é extremadamente escuro, máis do normal. Viro a esquina do hospital, pode ser que sexa demasiado tarde para salvala. Teño medo.
Teño moito medo.
O médico que chamou explícame a situación: está moi crítica, din que o corazón se lle está parando lentamente; e que iso de marchar teña que ser tan duro, faime poñer nervioso. Lévanme ao cuarto onde está, míroa, está durmindo, pálida, intranquila, síntome moi impotente diante da situación, non podo moverme do pánico que teño a que marche. Quedo xunto dela toda a noite.
Son as tres da mañá, sinto que me chama dende a cama, achégome, mírame cos seus ollazos verdes, ara cheo de bágoas. Cústalle falar, pero me pide un último bico i faime prometer que non terei medo a que se escape dos meus brazos.
Parece que o mundo se me acabe, ela é o meu todo e se a perdo, non serei capaz de seguir. Por que, Deus meus, por que a escolliches a ela?
Son as seis da mañá, deixou de respirar. Finalmente acabouse o sufrimento e o seu corazón parou, sen máis dilación.
Ara xa non teño medo, prometinlle.