divendres, 29 d’octubre del 2010

A Catedral de Santiago de Compostela

Pista: É o edificio máis emblemático de Galicia.
A Catedral de Santiago de Compostela, localízase no centro histórico de Santiago de Compostela e é un dos principais centros de peregrinación cristiáns, a meta do Camiño de Santiago. Tras o descubrimiento do que se cría que eran os restos do apóstolo Santiago o Maior por Paio o que informou ao obispo Teodomiro de Iria Flavia, entre o 820 e o 835, o rei Afonso II mandou edificar unha igrexa de madeira dedicada ao culto do apóstolo. No ano 872, en tempos de rei Afonso III, comezou a construción da nova basílica de pedra, que substituíu á pequena igrexa e que se consagrou no ano 899, coa presenza de dezasete bispos, e que se derrubou no ano 1112, esta primitiva basílica tiña unha nave de 24 metros de longo e arcadas que daban aos laterais e estaba decorada con mármore e esculturas. No ano 1075 baxo o impulso do bispo Diego Páez e do rei Afonso VI de Castela e León comezou a construción da catedral románica que se rematou durante o episcopado de Diego Xelmírez (1101-1140).

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada